ACTO DE PRESENTACIÓN DA FESTA DO VIÑO DA ULLA
A Comisión Organizadora da XXX EXALTACIÓN DO VIÑO DA ULLA ten o gusto de convidalo/a ao acto de presentación da mesma que terá lugar o vindeiro mércores, día 24 de marzo ás 12:00 h. na Fundación Caixa Galicia (Rúa do Vilar, Santiago de Compostela)
Neste acto, farase a presentación das “Xornadas Técnicas sobre a Cultura do Viño”, da MOSTRA DOS VIÑOS DA D.O. RÍAS BAIXAS SUBZONA RIBEIRA DO ULLA, do libro conmemorativo e do programa festivo.
Así mesmo o Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Vedra fará a presentación de FEIRAVEDRA 2010, a Mostra da Industria, a Agricultura, a Artesanía e o Turismo, a celebrar dentro do recinto da festa.
Ó remate do acto convidarase ós asistentes a unha degustación dos produtos presentados.



