SAÚDA DA COMISIÓN ORGANIZADORA

SAÚDA DA COMISIÓN

Este ano non é sinxelamente un ano máis, este ano a nosa festa cumpre trinta anos e estamos orgullosos/as de poder seguir celebrando a exaltación deste gran produto como é o viño da Ulla. Porque aínda que os máis vellos digan que a mocidade non sabe beber porque beben “cubatas” e que so usan o viño para facer “calimocho”, isto non é totalmente certo, sempre hai quen aprecie o bo viño, independentemente da idade.
Hoxe, máis ca nunca, o viño gañou moita importancia e apreciación en ámbitos moi diversos, coma por exemplo no ámbito rurístico e no sanitario. No referido ó ámbito turístico, púxose de moda un novo xeito de facer turismo: o enoturismo, un turismo adicado a visitar unha zona, neste caso, Galicia, para saborear os seus viños, visitar as bodegas e viñedos, asistir a tratamentos de viñoterapia, participar en rutas do viño, etc. (coma os que van a O Porto ver as bodegas e catar o seu viño, ou á Toscana, pero esta vez tócanos a nós, ós viños galegos). No referido á saúde, hai diversos estudos que proban que beber un ou dous vaiños de viño ó día (iso si, hai que beber con moderación) reduce o risco de padecer enfermidades cardiovasculares; retrasa o proceso de envellecemento debido ós antioxidantes que ten; e tamén que o viño é bo, entre outras cousas, para previr enfermidades xeriátricas coma o Alzheimer porque posúe unha sbstancia chamada resveratrol que ten unha gran capacidade antioxidante.
Visto o beneficioso que é o novos viño, non podemos estar máis ledos/as e orgullosos/as de poder exaltar este produto como se merece. Só nos queda agradecer de corazón a tódalas persoas que fan posible a festa do viño da Ullla, en primeiro lugar ós veciños e veciñas de San Miguel de Sarandón, que sen formar parte da Comisión de festas sempre estiveron axudando na festa. Tamén agradecer ás empresas que fan publicidade no noso libro, porque representan unha xenerosa axuda económica que ven moi ben para facer a festa. Grazas a tódalas demais institucións e organismos que sempre nos apoiaron e grazas tamén ás persoas que contribúen na elaboración deste libro, aporatndo algo máis ca publicidade para que teñades algo que ler. Moitas grazas tamén á xente que se achega cada ano á festa a degustar o noso viño, porque sen eles, a festa non tería sentido ningún.
Un saúdo da Comisión de festas e un consello: bebede con moderación.
A Comisión.

Programa da Festa

Xornadas Técnicas

Galería Fotográfica