SAÚDA DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A NOVA IDEA DA GASTRONOMÍA E DO VIÑO, NA QUE SE INCLÚE O CONCEPTO DE PATRIMONIO CULTURAL
Según a Organización Mundial do Turismo, o 37% das viaxes que teñen lugar no mundo débense a unha motivación cultural. A un tipo de turismo que se pode definir como aquel que pón en contacto a historia, o patrimonio, as identidades, a gastronomía e a cultura dos pobos. Hoxe, con tódalas posibilidades que ofrece a Sociedade da Información, os cidadáns preparan as súas viaxes e buscan os seus destiños turísticos tendo en conta todo eso.
A provincia de Pontevedra, a ribeira do Ulla e, sobre todo, as Rías Baixas, son privilexiadas neste terreo. E, sobre todo, no enoturismo, no viño que Cunqueiro definía como <ise lixeiro amor, ise beizo da terra que a miña boca bica>. Porque o viño é un dos claros siños de identidade de Galicia.
Por eso é fundamental potenciar o Enoturismo, o Turismo Gastronómico e Cultural: porque dí quén é, e como é, o noso pobo. E porque expresa a súa cultura, o seu xeito de andar, de vivir, de gozar e ainda de soñar.
A Deputación de Pontevedra ven facendo un extraordinario esforzo de promoción turística, a través do seu organismo autónomo Turismo Rías Baixas, e, particularmente, no antedito eido, para ligar os produtos alimentarios, os de marisqueo e os vitivinícolas á nova idea de Gastronomía na que se inclúe este concepto de Patrimonio Cultural. E todo elo tendo en conta que o consumidor de hoxe é esixente: busca máis a calidade que a cantidade, busca un redimensionamento dos productos, un novo xeito deles.
Pontevedra e a ribeira do Ulla son a cuna do mundialmente famoso viño Albariño. A súa Denominación de Orixe é da maior producción de Galicia, a que ocupa a máis viticultores, a que conta con maior número de bodegas e maior superficie de cultivo e a que xenera maior volumen de venta e exportación do noso viño.
Eso é posible pola transformación, pola profesionalización, polo altísimo nivel das nosas bodegas e cooperativas e, en definitiva, pola calidade acadada e polos atractivos en torno ó albariño: dende festas de exaltación ata unha Ruta do Viño, entre outros.
Eso marca un camiño, no que tamén están incluidos os produtores de Vedra, Vila de Cruces, Silleda, A Estrada, Teo, Boqueixón, Touro ou Padrón. O camiño da calidade que debe potenciarse ainda máis con accións encamiñadas a conocer a cultura vitícola desas terras e a visitar campos e viñedos cunha ampla tradición histórica.
Animo, pois, a tódolos produtores das ribeiras do Ulla a incrementar a búsqueda da calidade e a potenciar as súas sinerxias en relación co turismo. A Ribeira Sacra do Ulla é un perfecto esceario da xeografía e da historia do viño galego, do viño da Ulla. Os seus pazos e mosteiros son a memoria viva desta cultura.
Accións como esta xa tradicional Festa da Exaltación do Viño da Ulla marcan unha ruta, un obxectivo, un camiño. E, como dixo o poeta, non importa onde estamos senón a dirección en que nos movemos…

Rafael Louzán Abal
Presidente da Deputación de Pontevedra

Programa da Festa

Xornadas Técnicas

Galería Fotográfica