SAÚDA DO ALCALDE DO CONCELLO DE VEDRA

XXX FESTA DO VIÑO DA ULLA EN SAN MIGUEL DE SARANDÓN

¡Trinta anos de historia fan toda unha vida! E unha vida é a que leva o viño acompañándonos en cada festa, era pois de xustiza que alguén lle rendira homenaxe a esta nosa bebida. E foi a  parroquia de San Miguel de Sarandón a que no ano 1981 se decidiu a celebrar unha festa que tivera como obxectivo render culto ao viño da Ulla.
¡Trinta anos de historia fan toda unha vida! E unha vida é a que leva o viño acompañándonos en cada festa, era pois de xustiza que alguén lle rendira homenaxe a esta nosa bebida. E foi a  parroquia de San Miguel de Sarandón a que no ano 1981 se decidiu a celebrar unha festa que tivera como obxectivo render culto ao viño da Ulla.

Parece que foi onte e parece que foi sempre, dun xeito ou doutro e durante trinta anos a festa foi medrando e a súa sona con ela. Por iso festa e viño, viño e festa merecen ser felicitados, pola súa traxectoria, pola súa melloría, pola súa evolución,... e sobre todo pola súa boa predisposición a seguir medrando e avanzando.
O viño da Ulla é xa unha marca de calidade recoñecida, en continuo auxe e expansión, que baixo a Denominación de Orixe segue a súa senda de merecidos  recoñecementos, aos que como alcalde, veciño e amante do bo viño me quero e teño que sumar.
A festa medra ano a ano sabendo congregar música, xantares, ledicia, tradición, ... e moito viño! Apostando sempre pola romaría tal e como en Galicia se viven!! Deste xeito esta é unha das citas obrigadas no amplo e completo calendario das festas do Concello de Vedra.
Os meus ánimo e alento á comisión organizadora das aldeas de A Silva e Canicoba, os traballos e os esforzos son moitos pero tamén a recompensa de estar a participar na historia da Festa do Viño, que conta xa coa súa propia “Orde dos/as Amigos/as da Bota” e que é un dos referentes populares da comarca.
Desta forma, e mais neste ano 2010 tan especial que estamos a vivir apúrovos a participar o vindeiro 11 de abril da XXX Edición da Festa do Viño.
Agárdovos para brindar como se merece a ocasión.
Un saúdo a todas as persoas amantes do bo viño!
O Alcalde,
Odón C. Cobas García.

Programa da Festa

Xornadas Técnicas

Galería Fotográfica