SAÚDA DO PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA

Saúdo do Presidente da Xunta
XXX Exaltación do Viño da Ulla

A sabedoría popular, que en Galicia é ben abundante canto á gastronomía, recoñece o viño como produto que reconforta o corpo maila conciencia e, como tal, teno convertido en produto básico da nosa despensa.

Sen dúbida, esta Festa de Exaltación do Viño da Ulla é unha oportunidade única para reforzar esa idiosincrasia tan propia dos galegos que fai cultura do simple feito de tomarse un viño e disfrutar dos seus placeres. Pero Vedra é hoxe algo máis: é territorio anfitrión da posibilidade de incrementar a proxección exterior de Galicia para seguir no camiño de converternos en destino privilexiado dos amantes do enoturismo.
Témolo todo para poder conseguilo. A mellor materia prima: un viño fino e elegante. As mellores mans: bodegueiros que miman as viñas coma a fillos. Un apelido nobre: denominacións de orixe, coma esta da Rías Baixas á que pertencedes, recoñecida en todo o mundo. E vontade de crecemento: porque sabemos que o bo viño non se vende soamente na bodega e precisa, sen dúbida, de escaparates e plataformas coma esta.
Dentro do calendario deste tipo de citas cómpre salientar a Exaltación do Viño da Ulla de San Miguel de Sarandón. Primeiro, porque acada xa a súa edición número trinta, cifra que dá idea da súa longa tradición e arraigo na comarca en particular e en Galicia en xeral. En segundo termo, porque é un festexo certamente popular entre veciños e visitantes, que renden tributo a este viño a través dunha homenaxe colectiva que ten na degustación dos caldos a súa compoñente principal.

Programa da Festa

Xornadas Técnicas

Galería Fotográfica